talabarte

Xullo 12, 2011

Tres músicos experimentados e de sobra coñecidos da nosa escea editan o primeiro álbum dunha colaboración que levaba anos curtíndose en ensaios e tamén diante de público. Os renovados folgos do selo Do Fol fan que hoxe vexamos editada a fusión instrumental do contrabaixo de Kin García (da banda de Susana Seivane), o violín, viola e nickelharpa de Quin Farinha (Berrogüetto, Aló Django!) e o acordeón e acordeón diatónico de Pedro Pascual (Marful). Sen dúbida un super trío de virtuosos da música galega e un traballo ben macerado, pois foi producido entre setembro de 2008 e febrero de 2011. Ademais, preséntanse con abonda minutaxe (70 minutos para 13 pezas) que @s menos afeccionad@s deben dosificar para non sentirse abafados ante tanta información musical.

Talabarte é unha proposta totalmente acústica de música tradicional contemporánea na que escoitamos folk, jazz, tango, valse (fermoso o “Vísteme amodo que teño presa”) ou pezas como “Arbore-struga”, construída con xotis romanés e macedonio. Música imaxinativa, virtuosa, elegante e que tamén incita ao baile. Reinterpretan e reinventan con imaxinación pezas tradicionais galegas como “Tres golpes”, “Sara”, “Santiagreb” ou “O garotinho de Nebra” e repasan dúas pezas de Bruno LeTron. Non faltan composicións propias como a asinada polos tres (“Fendendo Achas”), dúas de Quim e unha de Pedro Pascual. En canto ao continente físico, contan con ben acaída fotografía e o deseño gráfico de Pastor.

Talabarte é unha proba máis de que seguen a saír ricos froitos máis ou menos cercanos á Central Folque e Compostela como canteira ou centro de confluencia de músicos do país.

Pepe Cunha 12-xullo-2011

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
💥💥💥 NOVA CANCIÓN 💥💥💥🎶 ARROLO> dispoñible en todas as plataformasUn arrolo tradicional, recollido e adaptado por Moncho Díaz, con arranxos musicais de Xoán Fuertes.Nesta ocasión contamos coa colaboración do marabilloso músico @abrahamcupeiro quen consegue evocar de maneira admirable sons que nos levan ao pasado.Deseño da capa: @yasdeluaces. . . . . . . . . . . . . . .Este tema forma parta dunha serie de cancións que o grupo saca á luz en conmemoración do seu 50 aniversario e que acompañan á exposición “Fuxan os Ventos. 50 anos de historia” que, na súa itinerancia polo país, pódese gozar na Coruña ata o 2 de xuño, na sala municipal de exposicións Salvador de Madariaga.@coruna_gal@cultura.coruna.... .#fuxanosventos #arrolo #abrahamcupeiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook