Talabarte

Decembro 28, 2016

nota.

No Día dos Inocentes, e malia titularse Fake o seu novo disco, Talabarte deleitará o público de Cervo cun concerto… Un concerto de verdade, non é un “fake” nin unha inocentada. Este potentísimo traballo tivo a súa preestrea no Kultur Leioa, en Euskadi, e estreouse por todo o alto no Opening Concert da maior feira de músicas do mundo, o WOMEX. Desta volta, o Trío Talabarte (o violinista Quim Farinha, o acordeonista Pedro Pascual e o contrabaixista Kin García) presenta o seu novo traballo discográfico cun concerto en Cervo, na Casa da Cultura de San Ciprián, este 28 de decembro ás 20.30 horas. O concerto enmárcase na programación de Nadal do Concello de Cervo.

Fake saíu á venda este 18 de novembro nun gran formato: un CD de 12 temas inserido nun libro disco de 33×33 cm e 50 páxinas, con ilustracións de Pablo Pastor e textos de Carlos Meixide. “Cóntase que os Talabarte viaxaron durante 15 anos a bordo do Tradincerto, e descubriron unha serie de historias que espertaron o seu interese e fascinación”. Co fío condutor desas historias que non se sabe canto teñen de real e canto non, compilan ritmos bailables da tradición europea, e mesmo de alén do Atlántico: mazurcas, schottish, milongas, polskas ou tarantellas “cun sotaque tan próximo ao son orixinal que ata había quen pensaba que estes músicos tamén eran nativos de alí”, segue a presentación. Pódese saber máis ou escoitar un bocadiño na súa web:

AXENDA

Facebook

4 hours ago

Ábrete de orellas
mañá sábado 20 en Redondela, concurso de maquetas de Asociación do Festival Millo VerdeEn colaboración con ArteLixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:30h.
Casa da Cultura de San Ciprián, Cervo.