Talabarte

Agosto 07, 2018

festival Feito a Man

nota:TALABARTE (tradicional contemporánea) – 20.00 – Vía Sacra

Tras anos coincidindo e compartindo diversas experiencias musicais, estes tres grandes músicos deciden aló polo ano 2004 poñer a andar seu propio proxecto artístico, motivado pola súa recíproca admiración e amizade. Unidos ademais pola madeira dos seus instrumentos e cunha concepción musical común, funden conceptos diversos na súa viaxe musical: acústico, de raíz, improvisación, atemporalidade, aventura, surrealismo, gastronomía…
Os seus nomes están intimamente vencellados con grandes proxectos da música galega coma Berrogüetto, Marful, ou prestixiosos músicos de jazz coma Jorge Pardo, Walter White ou Steve Brown.
Tras publicar o seu primeiro traballo discográfico, colectaron grandes eloxios de crítica e público levando a súa musica por teatros, auditorios e festivais da Península Ibérica, Bretaña, Portugal, Serbia… Ademais de deseñar concertos singulares como “Ao son da Cociña” que une música, gastronomía e arquitectura. Os seus concertos teñen risco, improvisación e contundencia. Un grupo que non deixa a ninguén indiferente e mantén en movemento a alma e os pés.

AXENDA

20:00 h
Rúa Vía Sacra, Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
De balde.