Talabarte

Agosto 03, 2017

nota:

Talabarte presenta ás oito da tarde o seu último disco, Fake, nun concerto no Cementerio de Santa Mariña (Cambados). O grupo foi recoñecido este ano co Premio Martín Códax (na categoría de Músicas do Mundo) e Fake levou o Premio Opinión da Música de Raíz ao mellor álbum.
O trío, ancorado na músical tradicional, mestura en Fake a tradición europea de ritmos bailables para presentar un concerto no que orixinalidade, contemporaneidade e tradición van pola man. Imposible acougar os pés e non deixar voar os sentidos.
Talabarte reúne a tres indispensables da escena musical galega: o violín de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García. Os seus nomes están intimamente vencellados con grandes proxectos da música galega coma Berrogüetto, Marful, ou prestixiosos músicos de jazz coma Jorge Pardo, Walter White ou Steve Brown.

AXENDA

20:00 h.
Praza da Igrexa, Cambados.
De balde.