Swingtomatiques

Xullo 29, 2013

nota:
Swingtomatiques é unha banda formada por Juan Padín á voz, Anxo Fernández ao baixo e Cabo García e Iago Banet ás guitarras. Aínda que o estilo predominante é o coñecido como Gypsy Jazz, unha versión afrancesada do swing americano dos anos 30 cuxo máximo exponente foi o guitarrista Django Reinhardt, Swingtomatiques son un punto de encontro para outros estilos contemporáneos tales como o country, o bebop, o dixieland ou a música de debuxos animados.

Logo dunha traxectoria de máis de dous anos baixo o nome de Califa Swing a banda reinvéntase con algún cambio na formación abríndose a novos estilos. Así, a finais de 2012 nace Swingtomatiques con entusiasmo renovado e grandes doses de enerxía. Este 2013 comeza coa gravación do seu primeiro disco de estudo que, baixo o título de ‘Pin-Ball Swing’, preséntase plagado de composicións propias máis algunha sorpresa.

Poden escoitar algunhas cancións do disco aquí: https://www.facebook.com/swingtomatiques

AXENDA

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
De balde.