sweet oblivion band “melted to oblivion”

Outubro 04, 2008

Esta banda que chega de San Sadurniño semella telo ben claro, pois dende o seu mesmo nome, tirado dun álbum dos Screaming Trees, declaran a sua filiación co movemento grunge. Quen creceron ou se iniciaron con aquelas bandas da órbita de Seattle (Pearl Jam, Soundgarden e demais) sen dúbida apreciarán nestes máis de 30 minutos bos momentos tanto nos instrumentos como na voz. Un queda con “Never” ou “Thin ice”, mais agarda con curiosidade a ver cara onde se moverán na súa proposta musical (non é cuestión de entrar agora no debate sobre as limitacións do grunge.) Quizais a salientable colaboración ao teclado de Johnny Fingers pode ser máis ca anecdótica. Porén, o que queda claro é que merecen seguirmos a pegada á continuación deste traballo coidadosamente presentado en meritoria autoedición.
Pepe Cunha, 4-out-08

AXENDA

Facebook

7 hours ago

Ábrete de orellas
Eis o segundo adianto do segundo disco de Caamaño&Ameixeiras.👏👏👏Raso Estudioo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook