Susana Seivane

Febreiro 28, 2015

nota:

Susana: gaita, voz e pandeireta; Xurxo: bouzouki; Brais: acordeón; Carlos Freire: percusión; Iago: baixo.

Comezou a súa andaina musical ao cumprir tres anos de idade da man do seu pai, Álvaro. Entra en contacto con mestres gaiteiros do talle de Ricardo Portela e Moxenas que, xunto co propio avó, Xosé Manuel Seivane, a influencian grandemente e lle axudan a entender e interpreta-la música tradicional galega. Non tardou moito en gaña-la admiración e o respecto do mundo da gaita en Galiza. Aos 20 anos xa pisaba escenarios como artista invitada do grupo Milladoiro. Continúa desde entón como solista creando un estilo xenuíno que, lonxe de perder de vista o aire enxebre dos antigos gaiteiros, se abre a novas influencias doutras músicas. Consegue, deste xeito, un enfoque fresco e orixinal, unha mestura áxil e moderna que afonda na raizame da tradición galega. Susana ten catro discos editados; Susana Seivane, Alma de buxo, Mares de tempo e Os soños que volven.

AXENDA

23:00 h.
Pub Clavicembalo, Lugo.