Sumrrá

Novembro 13, 2014

nota:Sumrrá

Manuel Gutiérrez, Xacobe Martínez Antelo e LAR Legido son Sumrrá, o trío de jazz galego máis internacional e cunha das traxectorias máis constantes e sólidas.

Sumrrá fórmase no ano 2000 e, nestes 14 anos, deixou atrás centos de concertos, 4 discos –en preparación o quinto!– e varias xiras internacionais que levaron a banda por festivais de Bolivia, Bulgaria e Sudáfrica.

A crítica especializada desfíxose en eloxios ante un trío de jazz inclasificable, salientando a orixinalidade das súas composicións, o virtuosismo dos seus integrantes e a contaxiosa frescura dos seus directos.

Sumrrá non entende de modas, de etiquetas, nin de estilos. Sumrrá formouse hai 14 anos para tocar en liberdade, e niso segue. Inventándose en cada concerto e sorprendéndose dos resultados.

Manuel Gutiérrez: piano
Xacobe Martínez Antelo: contrabaixo
LAR Legido: batería.

Facebook

20:30 h.
Círculo Das Artes Escenario 1906, Praza Maior, Lugo.