Sumrrá “7 visións”

Xaneiro 21, 2022

Cada disco novo que edita este trío é un reto e unha motivación. Para xustificaren a vida do proxecto, os virtuosos Manuel Gutiérrez (piano), Xácobe Martínez Antelo (contrabaixo) e LAR Legido (batería) han de ofrecer composicións novas coa frescura suficiente para manter o nivel acadado e seguir a amosarse como unha unión frutífera. Máis de vinte anos e centos de actuacións forxaron unha reputación dentro e fóra dos ámbitos jazzísticos e eles volven amosar que nin se dormen sobre ela nin deixan de se probar.

Tras o éxito do seu “6 mulleres”, agora “reflexionan sobre o momento no que vivimos, compartindo unha serie de visións para explicar de onde vimos, onde estamos e cara onde imos.” Nestas “7 visións” distinguimos as tres personalidades e a súa capacidade para encontrarse, cohesionarse e atrapar os ouvidos receptivos e curiosos. O disco en conxunto é variado e sólido, sen recheos, alternando pezas máis trepidantes con outras máis ensoñadoras ou repousadas, regalando cambios, solos e melodías enfeitizantes aquí e alá. Probablemente o feito de participaren cada un deles noutros proxectos sexa unha clave importante para elixir e entender o que entra e funciona nun proxecto que se amosa tan o máis sólido coma nunca.

Porque con este álbum Sumrrá chega talvez ás cotas máximas dese seu equilibrio característico de resultar accesíbeis sen por iso defraudar a exixencia. Estas sete pezas son sete mostras da súa creatividade, da aparente familiaridade o complementariedade coa que tocan, esa que transmiten tanto ao público máis entendido como ao que se achega temeroso ao jazz. Lúcidos e xeniais.

Pepe Cunha, 25-xaneiro-22

repertorio:
Ra
Periferia universal
Asuán Alexandría 7 graos
As forzas gravitatorias
Sapiens Sapiens
13.700 millóns de anos despois
O espazo interior

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook