nota:
DOMINGO 10, 17 e 24 – 20:30 5€
SUMRRÁ
SUMRRÁ cumple 100 domingos de residencia artística na Casa das Crechas. 100 domingos que foron forxando unha comunidade entorno ao universo de SUMRRÁ e que sen dúbida impulsaron o trío compostelán a unhas cotas de entrega e dedicación que non terían sido posibles doutro xeito. Os domingos de SUMRRÁ nas Crechas foron o punto de partida e de retorno das súas xiras, o espazo onde xestaron novas músicas, e tamén onde continúa a evolución semana a semana dunha das propostas máis afortunadas da música galega dos últimos 20 anos. 100 domingos ao vivo. Un público inesgotable e insaciable. O tempo que se detén no soto das Crechas. E a música de SUMRRÁ que semella infinita.
Este xoves a Casa das Crechas acolle o concerto número 100 de Sumrrá neste local compostelán, no que levan protagonizando moitos domingos desde 2014. 100 domingos que foron forxando unha comunidade entorno ao universo de SUMRRÁ e que sen dúbida impulsaron o trío compostelán a unhas cotas de entrega e dedicación que non terían sido posibles doutro xeito.
Os domingos de SUMRRÁ nas Crechas foron o punto de partida e de retorno das súas xiras, o espazo onde xestaron novas músicas, e tamén onde continúa a evolución semana a semana dunha das propostas máis afortunadas da música galega dos últimos 20 anos. 100 domingos ao vivo. Un público inesgotable e insaciable. O tempo que se detén no soto das Crechas. E a música de SUMRRÁ que semella infinita.
No seu último disco, ‘6 mulleres’, Sumrrá rende tributo a 6 mulleres poderosas que foron e aínda son fonte de inspiración na loita dun futuro mellor para toda a humanidade. Frida Kahlo e Rosa Parks de América, Rosalía de Castro de Galicia, Quin Jin de China, Malala Yousafsai de Pakistán e Nawal El-Saadawi de Exipto. Sumrrá 6 Mulleres é unha achega á loita feminista desde a música contemporánea do século XXI.
Sumrrá está formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería L.A.R. Legido. Trátase dunha formación cunha das traxectorias máis sólidas e constantes da escena jazzística española, cunha gran proxección internacional, como certifican as súas xiras por festivales de Bolivia, Francia, Bulgaria ou Sudáfrica e o seu paso por numerosos festivais como Festival San Juan Evangelista (Madrid), Johannesburg Joy of Jazz (Southafrica), Festival de Jazz ImaxinaSons (Vigo), Ciclo de Jazz 1906 (Valencia, Barcelona, Bvilbao, Oviedo), Festival de Jazz de la Paz (Bolivia), Festival de Jazz de Santa Cruz ( Bolivia), Festival de Jazz de Alcudia (Mallorca), Jazz Plus Festival (Sofía)…
Sumrrá fórmase no ano 2000 e ata hoxe deixou atrás centos de concertos e cinco discos, dous deles gravados ao vivo.