nota:
Entradas dispoñibles á venta no Teatro Principal. Precio de venta anticipada 7 euros, 9 euros o mesmo dia do concerto.
Sumrrá, o trio galego considerado como o grupo “mais vangardista da escena jazzistica española” ofrecerá un concerto moi especial o vindeiro sábado 25 de xaneiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela ás 21.00h, “Sumrrá inmortalizados”.
En pleno proceso de xestación do seu quinto albúm, Sumrrá rexistrará de xeito audiovisual o seu paso polo Teatro Principal, unha cita na que quedarán inmortalizados, ao vivo, os mellores temas deste innovador trío, en compaña do seu público mais fiel.
Dende os seus comezos, fai xá 13 anos, Sumrrá ten cautivado á crítica e público con un jazz inclasificable, melódico e moi aberto, destacando a orixinalidade das súas composicions, a calidade dos seus integrantes e a frescura dos seus concertos ao vivo. Con una das traxectorias mais sólidas e constantes da escena jazzística española e unha gran proxección internacional, Sumrrá deixa atrás catro discos e centos de concertos ó seu paso por festivales de todo o mundo como os de Bolivia, Bulgaria ou Sudáfrica.
Este xenuino trío de jazz galego, formado polos músicos Manuel Gutierrez (piano), Xacobe Martinez (contrabaixo) e L.A.R. Legido (batería), invítanos a formar parte da súa historia e disfrutar novamente dunha noite única e máxica xunto ao seu público mais querido, o vindeiro 25 de Xaneiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Sumrrá inmortalizados, unha cita para lembrar os amantes da música de calidade ao vivo.