nota:
Non hai outono sen #Magosto, tampouco na Cidade da Cultura de Galicia‼️
Queremos contar con vós para celebrar xunt@s unha das tradicións con maior arraigamento popular en Galicia, na que non vai faltar a boa #música nin as #castañas da IXP Castaña de Galicia nos tres festexos que vos temos argallados.
Collede a vosa entrada (individual ou dobre) para gozar de:
🎶 Luar na Lubre | 24 de outubro
🎶 Sumrrá | 31 de outubro
🎶 Milladoiro | 14 de novembro
Agardámosvos estes #sábados ás 20 horas no #MuseoGaiás cunha representación da mellor #músicaderaíz, de #jazzcontemporáneo e de #folkcelta feito en Galicia por formacións con repercusión internacional.
ℹ️ Entradas e máis información👉bit.ly/MagostonoGaiás2020
⚠️ Polas medidas da covid-19 os concertos deberán verse sentados/as, coa máscara de protección sanitaria e en cadeiras que gardarán a medida de distancia social entre aquelas persoas que non formen parte do mesmo círculo de convivencia || As castañas terán que ser repartidas en bolsas individuais ao final de cada actuación para degustar na casa.
📌 Organiza: Xunta de Galicia | Cidade da Cultura de Galicia