Sumrrá

Novembro 03, 2019

nota:

SUMRRÁ
DOMINGOS 3 e 10 | 20:00 | 5€
SUMRRÁ VOLTA ÁS CRECHAS Despois de máis de 100 Domingos de SUMRRÁ nas Crechas, o trío máis lonxevo e internacional do Jazz galego retoma a súa residencia dominical na que xa é a súa casa por dereito propio. Nesta sexta tempada, presenciaremos a constante evolución en tempo real dunha das propostas máis arriscadas, honestas e universais da nosa terra. Manuel Gutiérrez, Xacobe Martínez Antelo e LAR Legido en estado puro. O trío máis vello e máis sabio, o máis punk e máis free, o máis cósmico e profundo… Sumrrá está de volta… só nas Crechas…

Facebook

20:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €