Suburbano

Xaneiro 15, 2013

6€ anticipada, 8€ na billeteira)

A banda española de folc/pop Suburbano, con cancións tan coñecidas como “La puerta de Alcalá”, “Arde París” ou “Makinavaja” (son da súa autoría), presentará na Casa das Crechas o seu último disco, ’33’, os anos que levan enriba dos escenarios.

O 6 de maio de 1979 nacía Suburbano na sala de teatro independente El Gayo Vallecano de Madrid. Manterse en activo 33 anos na escena española é para quitarse o chapeu, e se esa traxectoria está acompañada pola dignidade musical, xa son palabras maiores. Daquela primeira formación mantéñense á frente do grupo Luis Mendo e Bernardo Fuster, almas de Suburbano, co saxofonista Lorenzo Solano case siempre nas súas filas. Os tres están no seu novo álbum, de título tan sinxelo como significativo, 33,.

O tándem Mendo-Fuster é un dos poucos exemplos de colaboración músico-letrista que se dan na música española con semellante permanencia no tempo. Luis Mendo pon música ás letras de Bernardo Fuster e así foi ao longo de máis de tres décadas, o que creou un estilo Suburbano que se reflectiu desde aqueles comezos nos que a banda lanzaba un folc evolucionado até agora, no que se move claramente no terreo do pop, sempre co alento da música popular detrás.

Suburbano, a banda de Luis Mendo e Bernardo Fuster, caracterizouse sempre polo seu eclecticismo, navegando, non de xeito intencionado, contracorrente. Aínda que actualmente volveron a unha liña mais próxima ao folclore, retomando o traballo iniciado no ano 79, na súa carreira atopamos jazz-rock, pop e até bandas sonoras para cine e coñecidas series de televisón. Cancións coreadas infinidade de veces por todo o mundo, como “La puerta de Alcalá”, “Arde París” ou “Makinavaja”, son da súa autoría. Son Suburbano, ademais, unha escola pola que pasaron algúns dos músicos españois máis importantes.

Suburbano cumpren 33 anos de carreira desde que en 1979 publicaran o seu primeiro disco. E ’33’ titúlase o seu novo traballo, que edita Karonte. A actual formación está integrada por Bernardo Fuster (voz, percusión, programacións) e Luis Mendo (guitarras, baixos, programacións, coros, arranxos), coa colaboración no disco de Lorenzo Solano (saxo, flauta), Javier Palancar (acordeón), Mikel Ferrer (batería) e Nacho Sáenz de Tejada (dobro).

Máis información:

AXENDA

Facebook

22:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
6 / 8 €