Stoyka + Eondri + Rubén de Lis.

Agosto 24, 2012

o 24 de agosto (a partir das 18:00 horas) na terraza do café Detrás do Marco teremos a oportunidade de gozar coa música en directo de varios grupos noveis e como peche da actuación do cantautor galego Rubén de Lis.

Os concertos comezarán ás 18:00 horas coa actuación de Stoyka, continuará con Eondri e o encargado de pechar a noite de espectáculo será Rubén de Lis.

Se hai chuvia, os concertos pasarán ao interior do local.

Facebook

18:00 h.
Detrás do Marco, Vigo.
De balde.