Sr. Chinarro

Abril 09, 2015

apertura portas 21:30 h.

Antonio Luque, acompañado da súa banda, ven presentar o seu novo traballo, PERSPECTIVA CABALLERA.

Sr.Chinarro naceu en 1990 da man de Antonio Luque, pioneiro da música indie en España.
Considerado un dos mellores letristas do estado, ten publicados 15 discos longos e 5 curtos. Agora presenta o seu novo traballo, Perspectiva Caballera, editado o pasado Outubro.

Ao longo da súa carreira, Antonio rodeouse dun sinnúmero de músicos e conseguiu con Sr. Chinarro o recoñecemento da crítica e o dun público cada vez máis numeroso, en particular tras a publicación de El Fuego Amigo (2005, producido por J, de Los Planetas).
Ademáis das habituais xiras por salas, tocou varias veces nos principais festivais do estado, como o FIB ou o Primavera Sound, e noutras cidades como Brasilia, La Haya, México DF, Santiago de Chile ou Londres.

AXENDA

Facebook

22:00 h.
Sala Capitol. Santiago de Compostela.
16 / 18 €