nota:
o venres 23 de decembro, ás 20:30 horas, chega o momento de desfrutar co talento de South Carolina Gospel Chorale co seu espectáculo “Feeling, Freedom, Fun”. Unha mostra vibrante do conmovedor soul tradicional e o gospel moderno. Wayne Ravenell e The South Carolina Gospel Chorale fan de cada actuación unha viaxe inesquecible pola historia do góspel, dende os espirituais dos escravos afroamericanos ata os sons actuais das misas dos domingos. Poden rememorar os espirituais cantados nas plantacións, ou facer un sentido tributo a Thomas Dorsey, o pai do góspel moderno. (Entradas dende 15€)