Soultrain (vermú)

Agosto 18, 2018

nota:

13.30 SOULTRAIN (funk/soul/disco) + DJs Miguel María vs Juan Andrés – Praza de Feixoo

SoulTrain é unha banda que xurde na cidade de Santiago de Compostela fai uns poucos anos co fin de recrear en directo os ritmos potentes do funk, do soul e da música disco dos anos oitenta. SoulTrain traballa dende un formato pequeno de guitarra, baixo eléctrico e batería acompañando a unha voz feminina. O repertorio da banda conta con máis de vinte cancións, incluíndo tanto temas propios como versións de grandes artistas como Aretha Franklin, Jamiroquai, Stevie Wonder, Chic ou Nile Rodgers. Con un directo de dúas horas de duración, SoulTrain adáptase a todo tipo de espazos e ofrece unha indescritible enerxía positiva enriba do escenario.

13:30 h.
Praza de Feixoo, Santiago de Compostela.
De balde.