sorteo de entradas para “Far West” de Yllana en Ferrol

Decembro 16, 2013

A compañía de teatro cómico Yllana regresa a Galiza cun novo espectáculo: “Far West” nas seguintes datas:

– venres 20 de decembro en Santiago de Compostela ás 21:00 h.
– sábado 21 de decembro no Centro Cultural Novacaixagalicia (Vigo) ás 21:00 h.
– domingo 22 de decembro no Teatro Jofre de Ferrol ás 18:00 h.

En colaboración con Culturactiva, regalamos 2 entradas individuais para Ferrol a sortear entre quen acertedes esta pregunta e enviedes un correo a abretedeorellas@gmail.com co asunto “Yllana Jofre”.

En que ano gañou Yllana os premios MAX ?

argumento:
Un pacífico e sinxelo granxeiro recibe, nunha polvorienta estación de tren no afastado oeste, á súa prometida. Pero antes de que poidan darse o primeiro bico, é secuestrada por dous malísimos fuxidos en busca e captura.

O noso improbable heroe intentará por todos os medios ao seu alcance rescatar ao seu amor, mentres que esta, durante o seu secuestro, atopará dentro dela valores que ela mesma descoñecía, que a transformarán nunha auténtica heroína. Benvidos a Far West, a primeira incursión de Yllana no xénero do Western.

A través da epopea dos nosos antihéroes, penetrarémonos nun mundo salvaxe e sen lei; visitaremos tribos indias, cantinas de mala morte, desertos cheos de perigos, duelos ao sol, grandes persecucións e, como en todo bo western, acción, moita acción. Yllana homenaxea con este novo espectáculo o mundo das películas do oeste, que tanto estimularon a nosa imaxinación e fixeron xogar; aos seus heroes, os seus viláns, as súas fronteiras e aos homes que se atreveron a desafialas.

AXENDA