sorteamos entradas para “Shakespeare para ignorantes”

Abril 21, 2014

O mércores 23 de abril celébrase o Día do Libro e queremos apoialo colaborando co Teatro Colón da Coruña, que nos regala 4 entradas para a función de “Shakespeare para Ignorantes”.

Se queres entrar no sorteo, envíanos un correo a abretedeorellas@gmail.com co asunto “Shakespeare para ignorantes no Colón” e dicíndonos que compañía representa a obra. Aceptamos correos até o martes ás 23:59h.

nota:

Despois de que o ano pasado se suspendera esta función por mor do accidente que o actor Evaristo Calvo sufriu durante a representación de Oeste Solitario, volven Mofa e Befa con Shakespeare para Ignorantes (Programación Especial Día Internacional do Libro). Grande éxito na 36ª Edición do Festival Internacional de Teatro Clásico de Almagro.

AXENDA

Facebook