sorteamos entradas para os concertos do Felipop 2012

Xullo 27, 2012

Temos o pracer de volver colaborar cun dos nosos festivais de verán favoritos, o festival pop de Felicia: o Felipop.

Como é habitual, os concertos de pago terán lugar nas noites do venres e sábado e en Ábrete de orellas regalaremos 3 entradas para cada unha desas xornadas.

Enviade un correo con nome e data ao seguinte enderezo: abretedeorellas@gmail.com indicando no asunto “sorteo Felipop” e a data que preferides.

O Felipop non parou desde desde 1998 e na parroquia de Limodre, no Concello de Fene, asegura cada verán unhas xornadas de música pop nun ambiente familiar e próximo, coa ineludible sesión vermú de sábado incluída e gratuíta.

Nesta edición de 2012, os nomes máis rechamantes son os dos míticos Mamá, os Zodiacs ou os noruegos The Yum Yums, pero probablemente levaremos máis dunha grata sorpresa a cargo das bandas menos coñecidas.

O que importa é a melodía.

Aquí tedes a axenda de toda esa semana:

Martes 7 Agosto (A Hortiña)
CINE AO AIRE LIBRE

Mércores 8 Agosto
MAGO FON
TEATRO (Obra por confirmar)

Xoves 9 Agosto (Casa Ardá)
THE TWIN-SETS (A Coruña)
LOS RUINES (Cerdido)

Venres 10 Agosto
THE KANALOAS (A Coruña)
STAR TRIP (Valencia)
ZODIACS (Getxo)
MAMA (Madrid)

Sábado 11 Agosto
BANG 74 (Ferrol)
SUZY & LOS QUATTRO (Barcelona)
PERALTA (Xixón)
THE YUM YUMS (Noruega)

Domingo 12 Agosto (Casa Ardá)
NICK GARRIE (Londres)
VICENTE PRATS e AMIGOS (Valencia)

Diaria 15 euros / Abono 20 euros / Socios 15 euros

AXENDA