sorteamos entradas para as dúas citas galegas da banda portuguesa máis internacional: The Gift

Decembro 17, 2012

The Gift, a banda pop portuguesa máis internacional, actúa o sábado 22 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo e o domingo 23 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña dentro do seu “Primavera / Explode Tour 2012”

Os concertos desta xira van dividido en dúas partes:

Primeira Parte – Cancións inspiradas na primavera, escritas no verán, gravadas en outono e escoitadas en pleno inverno… Cancións simples, só e unicamente cousas nosas, vosas. Primavera é unión.
Segunda Parte – Repaso ao último gran disco de The Gift. Unha explosión de cores, de luz, de vida, de nova vida.

Os seus directos son de gran calidade , como constatamos no festival Vigo Trans4orma 2011

“The Gift foron, como os Vetusta Morla a noite anterior, os grandes triunfadores da xornada. O seu directo foi impresionante, con Sónia Tavares dándolle ao público mostras sobradas da súa calidade coma cantante e frontwoman que non dá respiro ao público. A mágoa é o seu abuso do portuñol. Presentaban o recente álbum “Explode” con pezas que no directo funcionaron ben: “Let It Be By Me”, “Made For You”, “My Son” e mesmo se atreven con “The Singles”, que no álbum pasa dos 12 minutos. Entre as antigas, “Driving You Slow” foi do mellor dun concerto que pola súa fastuosidade podería entrar na categoría de rock de estadio. Sen dúbida este Nuno Gonçalves ten un feixe de notables composicións que non se alonxan do gran público e menos aínda cando a súa banda as interpreta con esta contundencia”

Para participardes no sorteo de 2 entradas dobres, indicade nun correo o asunto “The Gift + Lugo ou A Coruña”, para sabermos en cal dos dous sorteos entrades.

Os correos deben ir a abretedeorellas@gmail.com

AXENDA