sorteamos entradas para a fin de xira de Manel

Outubro 26, 2022

A banda catalá Manel finaliza a xira de “Per la bona gent” na Galiza, con concertos ben recomendábeis en Ferrol e Pontevedra.

En Ábrete de Orellas sorteamos dúas entradas individuais para cada cita galega, así que sigue estes pasos se queres optar a unha:

1- Comparte esta publicación en aberto (como “Público” en privacidade) no teu perfil de facebook, twitter ou instagram e etiqueta unha persoa con bo gusto que tamén estaría interesada.

2- Envíanos un correo a abretedeorellas@gmail.com indicando no asunto: “sorteo Manel – Ferrol” ou “sorteo Manel – Pontevedra” e no corpo do correo o teu nome completo e DNI.

3- Ten en conta que o prazo acaba o martes 1 de novembro ás 23:59 h.

Sorte orelluda !

De todos os xeitos, aquí podes adquirir as entradas:
https://smartlink.metricool.com/public/smartlink/manelfindexira?fbclid=IwAR3ji-X0tkU_zDmJO9lf-JB1h0LhdCxr_gFffc_fpYTDu_8Sx2hf_PMuylg

Facebook