sorteamos dúas entradas para “menú do Día” no Teatro Colón da Coruña

Abril 26, 2014

Queres ir de balde ver debuxar a Davila en pantalla xigante as historias de Carlos Blanco, en directo, novas e vellas, as bravas do país, Dora a desbrosadora, os kiwis…?

Por xentileza do Teatro Colón da Coruña, Ábrete de orellas.com sortea dúas entradas para a función do venres 2 de maio ás 20:30h.

Mándanos un correo co asunto “menú do día no Colón” a abretedeorellas@gmail.com dicíndonos cómo chama Luis Davila tanto o seu blog como as compilacións de bandas deseñadas.

Aceptamos correos até o luns 28 pola noite.

MENÚ DO DIA é unha complexa aposta técnica (animación incluída) con música composta para o espectáculo por Budiño e Kepa Junkera.

Porque, polo menos en retranca, somos unha potencia.

As citas con “Menú do Día” no Teatro Colón son o venres 2 e sábado 3 de maio en horarios de 20.30 e 23.00 horas e aquí tedes a ligazón á billeteira:

Facebook