sorteamos 4 entradas para Xoel López no Teatro Jofre de Ferrol

Maio 14, 2013

Este sábado 18 de maio o coruñés Xoel López presenta o seu magnífico álbum “Atlántico” no Teatro Jofre de Ferrol.

Ábrete de orellas.com sortea 4 entradas entre a nosa audiencia interesada en asistir a tan recomendable cita. Un dos nosos mellores artistas nun teatro senlleiro.

Envía un correo a abretedeorellas@gmail.com co asunto “Xoel – Jofre” e indicando nome completo no asunto. O xoves pola mañá realizaremos o sorteo entre as mensaxes recibidas.