O vindeiro venres 5 de outubro, o trío canadiano The Lost Fingers fai parada na Coruña dentro da súa xira pola Península.
A cita será ás 20:30 h. nun escenario de luxo, o Teatro Colón, e Ábrete de orellas non pode deixar de apoiar o evento co sorteo de 2 entradas individuais.
Byron Mikaloff (ex One Ton e Bunka Busta) e Christian Roberge fundaron The Lost Fingers en 2004. Coa intención de seguir desenvolvéndose e innovando, uniron ao grupo ao novo e talentoso baixista Alex Morissette en 2006. Nun exercicio de saber musical unido a un agudo sentido do humor, o trío decidiu unir as súas voces únicas para crear unha enxeñosa homenaxe aos anos 80 co swing xitano do estilo “jazz manouche” inspirado polo seu mentor, Django Reinhardt, e que culminou coa publicación do seu estupendo álbum debut “Lost In The 80″s”.
Con aire de gypsy jazz, vannos deleitar con cancións de Technotronica, Bon Jovi, AC/DC, Céline Dion, Samantha Fox, Stevie Wonder, Kool & the Gang, Michael Jackson, George Michael, Soft Cell, Paula Abdul e Alanna Myles. Música estimulante, agradable, estupenda e sorprendentemente interpretada.
Envía correo a abretedeorellas@gmail.com indicando no asunto “sorteo The Lost Fingers” e explicando por que se chaman “Os dedos perdidos”
O mércores 3 pola noite deixamos de aceptar correos.