Sonido Vegetal + Chotokoeu

Abril 03, 2016

nota:

O septeto granadino Sonido Vegetal chegan a Galicia con ‘Verbena Calavera’ (Sony Music), o seu esperado regreso discográfico, co que se reinventan a si mesmos, indo máis aló da etiqueta ‘Gypsy Punk’ coa que se deron a coñecer. O novo álbum incorpora elementos autóctonos de encaste sureño e mediterráneo ao seu efervescente bebedizo de punk-rock xitano.

Para ‘Verbena Calavera’ volveron a contar coa produción de Martin Glover ‘Youth’ (Killing Joke, Marylin Manson, U2, Pink Floyd, The Verve, Dido).

Con 8 anos de vida e máis de 400 concertos en 11 países, Chotokoeu segue coa presentación do seu novo álbum ‘Saír a Voar’, gravado en Francia. Coa potencia e alegría tan características da banda, non podes perder o espectáculo no que malgastan toda a súa enerxía.

Pon calzado cómodo, avisa aos colegas e déixate levar, pois a ‘Verbena Calavera’ de Sonido Vegetal xa está aquí con Chotokoeu para ‘Sair a Voar’.

Entradas anticipadas á venda no Aturuxo e mais en Ticketea

Facebook