Sonia Lebedynski

Abril 21, 2017

nota:

O vindeiro venres 21 de abril Sonia Lebedynski presenta o seu primeiro disco en solitario, ‘Deserto de centos’, no festival Santiautor (sala Sónar). Logo de ser a ‘front woman’ de Fía na Roca e colaborar en múltiples iniciativas musicais, a cantautora do Barbanza no que estará acompañada pola súa banda ao completo, incluída a sección de ventos.

O traballo, que saiu á venda o pasado 2016, é un disco de autora -forneado xunto co brasileiro Sérgio Tannus- que é resultado de todas as músicas das que foi bebendo ao longo súa traxectoria musical e vital: trad, folc, funk, pop, música brasileira…

‘Deserto de centos’ é unha viaxe iniciática cara a un horizonte por descubrir. É o sedimento das músicas escoitadas e cantadas, dos proxectos dos que fixo parte, das persoas e dos lugares que coñeceu, dos versos que leu e que escribiu. Aí está todo o seu universo sonoro e vital.

Trátase dunha aposta atrevida e moi persoal, que estará acompañada en directo por unha magnífica banda, con Sérgio Tannus (dirección musical e cordas), Carlos Freire (percusións), Roberto Comesaña (piano e acordeón), Martiño Domínguez (saxo tenor e barítono), José Manuel Díaz (baixo), Manuel Paino (trompeta) e Jose Luis Miranda (trombón).

Ademais de Sérgio Tannus na dirección musical, en ‘Deserto de centos’ colaboraron na parte creativa moitos nomes destacados da música galega, como Xosé Lois Romero, Guadi Galego, Uxía e Óscar Losada, en letras, músicas e arranxos.

Sonia Lebedynski

O seu contacto coa música comeza sendo moi nova da man da man do seu pai de quen aprende as súas primeiras cancións. Iníciase na música tradicional galega e o folc. Con trece anos era a voz solista de Vai-te embora!, a súa primeira formación. Ten contacto con proxectos musicais doutros xéneros como o funk.

A súa versatilidade interpretativa lévaa a formar parte de propostas musicais moi diversas. Ten colaborado en múltiples proxectos como Son Delas, Ball Cans, Sete Saias, Voces na Musa, Asociación Cultural Barbantía, Conservatorio Tradicional e Folque de Lalín, Sereas e participado nos traballos discográficos de Fía na Roca, Susana Seivane, Camaxe, Seare, Asoc. Galega de Gaiteiros Galegos, Brañas Folk, Enrique Paisal ou Sergio Tannus.

Moi vencellada á creación de música para xente miúda colaborou coa Asoc. de Gaiteiros Galegos no libro disco Pelo Gato. No ano 2015 colaborou nos proxectos de música infantil Non hai berce como o colo editado por Kalandraka e Alegría da editorial Galaxia, ademais de O tempo dos xogos, editado polo mesmo selo, cuxos autores son da Escola de Música de Boiro, á que sempre estivo moi vencellada desde a súa creación. Participou no filme do grupo canadiano “La Bottine Souriante” sobre a súa xira europea.

Ao longo de dez anos foi a voz de Fía na Roca. É mestra da ensino primario especialista en educación musical e pedagoga. Ten colaborado coa Escola de Música de Boiro no seu programa de alfafabetización musical para maiores.

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
mañá sábado 20 en Redondela, concurso de maquetas de Asociación do Festival Millo VerdeEn colaboración con ArteLixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:00 h.
Sala Sónar, Santiago de Compostela.