Sondeseu – xira XX aniversario

Maio 21, 2022

nota:

SonDeSeu recala este sábado en Lugo cun concerto que se enmarca na xira de celebración do seu vinte aniversario. A orquestra folk, un dos proxectos musicais máis senlleiros do país, actuará este sábado 21 de maio no Auditorio Municipal Gustavo Freire, ás 20:30 horas, e desta volta vaino facer dun xeito singular: en formato acústico e sen amplificación. Este concerto de SonDeSeu é posible grazas á colaboración do Concello de Lugo e as súas entradas poden adquirirse no espazo web www.ataquilla.com.

A primeira orquestra folk de Galicia regresa á cidade catro anos despois do seu concerto na inauguración das festas de San Froilán 2018. Nesta ocasión faino con a case totalidade dos seus 60 integrantes, entre eles os lucenses José Varela, violinista, e a cantante Carme López, que tamén forma parte de Raiceira e do grupo Os Minhotos, no que toca a gaita.

SonDeSeu comezou a súa andaina hai dúas décadas como unha actividade de conxunto instrumental coa intención de facer e compartir, colectivamente, a música tradicional galega. Co paso dos anos, a entidade medrou a base de ilusión, esforzo e xenerosidade colectiva, tanto por parte do alumnado coma do seu profesorado, creando novas vías para a comprensión da evolución das músicas de raíz desde a óptica do século XXI.

Sobranceiras figuras e mestres como Rodrigo Romaní, Begoña Riobó, Anxo Pintos, Xisco Feijoó, Xaquín Xesteira, Alfonso Franco e Xosé Liz forman parte deste proxecto educativo e musical, hoxe en día vinculado á ETRAD (Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional), que favoreceu a creación dunha prometedora e efectiva canteira artistas musicais que transmiten a tradición desde a contemporaneidade. Durante estes anos, ademais, bandas e músicos como Treixadura, Susana Seivane, Rosa Cedrón, Uxía Senlle, Carmen París ou Nino Galissa colaboraron dun xeito estreito con SonDeSeu.

CONVOCATORIA
Xira XX Aniversario SonDeSeu | Concerto Lugo

AXENDA

Facebook

18 hours ago

Ábrete de orellas
Bigott visita esta semana Galiza con "Back to Nowhere" , o seu novo disco, nervioso, directo, post punk. Xoves en Club Clavicémbalo Lugo, venres na Sala Radar, Vigo, e sábado na Sala Ruido , Ferrol.11 track album ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:30 h.
Auditorio Municipal Gustavo Freire, Lugo.