Sondeseu

Xaneiro 26, 2013

SonDeSeu é unha das primeiras orquestras europeas da música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galicia, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas sección, que abranguen gaitas, percusións, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

SonDeSeu é froito dunha experiencia didáctica levada a cabo polo departamento de música tradicional e folk da Escola de Artes e Oficios de Vigo (actual ETRAD). Desde que no 2004 participase no Festival do Mundo Celta de Ortigueira a súa proxección é imparable, con tres publicacións discográficas e diversos recoñecementos públicos. Na actualidade lidera o proxecto ENFO (European Network of Folk Orchestras) co que consolidar unha rede estable de participación e intercambio.

AXENDA

Facebook

20:30 h.
Teatro Colón, A Coruña.