PRESENTACION DANZAS BRANCAS
CONCERTO DE NADAL
SonDeSeu: presentación mundial do seu novo disco “Danzas brancas”
Convidados (Rushad Eggleston, Kepa Junkera e O Fiadeiro)
Danzas Brancas é o cuarto traballo de Sondeseu Orquestra Folk de Galicia que segue a liña iniciada polos anteriores traballos cun indiscutible selo de calidade, innovación e proxección da música de tradición oral dende a perspectiva da creación colectiva.
Este novo traballo contén temas de músicos galegos de recoñecido prestixo vinculados á propia orquestra como Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Xosé Liz ou Rodrigo Romaní, ou a colaboración de Kepa Junquera que nesta ocasión se funde cos máis de cuarenta instrumentistas que forman a primeira orquestra folk de Europa.
Danzas Brancas é unha evocación da tradición personificada nun tipo peculiar de danza vinculada ás celebracións relixiosas con forte influenza de elementos paganos anteriores referenciados mesmo na idade media. A gravación reflicte con fidelidade o ambiente e a enerxía que Sondeseu transmite
nos seus directos, cheos de forza e poder de comunicación.