SonDaRúa + Ninhodelosrecaos Dj

Marzo 12, 2020

nota:
FESTA PRESENTACIÓN SONRÍAS BAIXAS 2020 en VIGO

SonDaRúa + Ninhodelosrecaos Dj – Ruben Sierra Jimenez

Xoves 12 de marzo

Sala Máster – Vigo

21h30

12€ Anticipada | 15€ Taquilla

Entradas ⇢ http://bit.ly/36G94kX

_ _

O Festival SonRías Baixas -que celebrará a súa 18ª edición os 30, 31 de xullo e 1 de agosto en Bueu- espállase esta primavera por toda a xeografía galega, celebrando festas de presentación ao longo do mes de marzo en A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo, Bueu e Mos, ademais de en Ponferrada e en Porto.

As festas, que tomarán na primavera as salas de concertos das principais cidades galegas, achegarán a outras cidades e vilas algunhas das propostas artísticas que xa son himnos do festival, como aos Dakidarría -que son unha das bandas que máis veces pisou os escenarios do SonRías e que sempre tivo unha resposta espectacular por parte do público- presentando a súa proposta en acústico e Muyayo Rif, que foi a gran sorpresa da pasada edición; ou unha das propostas de world musicmáis interesantes do país, García Mc & Nación Quilombo, que estará en agosto no festival e Ninhodelosrecaos Dj, un dos líderes de La Pegatina que cada ano ofrece en Bueu a súa versión máis desenfadada e bailable coas súas míticas sesións. Tamén pasarán polas festas do SonRías Baixas SonDaRúa, claro exemplo dunha formación nacida nas redes sociais que desenvolveu un directo de gran calidade e contundencia e que presentarán un avance do seu novo traballo, que verá a luz en abril, e os Poetarras, o colectivo músico humorístico que reaparecerán -unha vez máis- ao calor do festival de Bueu, pero esta volta en Compostela.

AS FESTAS DO SONRÍAS:

Xoves 5/3/2020 – García Mc & Nación Quilombo + SonDaRúa – Maus Hábitos (Porto)
Xoves 12/3/2020 – – Sala Máster (Vigo)
Venres 13/3/2020 – Ninhodelosrecaos Dj + García Mc & Dj Mil – Café Cultural Auriense (Ourense)
Sábado 14/03/2020 – SonDaRúa + García Mc & Nación Quilombo + ninhodelosrecaos Dj – Sala Aturuxo (Bueu)
Mércores 18/3/2020 – Dakidarría en acústico + Muyayo Rif – Club Clavicembalo (Lugo)
Xoves 19/3/2020 – Muyayo Rif + Dakidarría en acústico – Sala Garufa (A Coruña)
Venres 20/3/2020 – Dakidarría en acústico + Muyayo Rif – Sala Rebullón (Mos)
Sábado 21/03/2020 – Muyayo Rif + Poetarras – Sala Capitol (Santiago de Compostela)
Sábado 21/03/2020 – Dakidarría en acústico + SonDaRúa – Sala La Vaca (Ponferrada)

AXENDA

Facebook

5 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:30 h.
Sala Máster Club, Vigo.
12 / 15 €