Soledad Vélez

Agosto 24, 2018

organiza Tele-Clube

nota:

SOLEDAD VÉLEZ. “A PANTEIRA NA TERRAZA”.
Trala estrea de Tele-Clube co concerto de Autumn Comets i Espiño o pasado 14 de abril, con sold-out, a asociación cultural lucense volve á escea, programando para o vindeiro venres 24 de agosto, un evento moi ansiado: Soledad Vélez na Terraza do Hotel Méndez Núñez de Lugo… porque todas amamos a Soledad ben entendida, son “Nuevas Épocas” e hai que saber bailalas.

Soledad Vélez presenta, por primeira vez en Lugo, o seu cuarto disco, primeiro íntegramente en castelán. Atrás quedaron os sons máis folk e néste, “Nuevas Épocas”, algo que xa se albiscaba no seu predecesor “Dance and Hunt”, as cordas abren paso aos sintetizadores, que conseguen facer perfectos a dolor e o amor, na procura da sanación espiritual dunha muller, axiña madura, vinda dos Andes para amosarnos o camiño.

En “Nuevas Épocas”, Soledad cántalle ao amor, á distancia, á natureza, ás viaxes no tempo, á amizade, á noite,… o reencuentro coa outra parte parece ter chegado con ecos doutra década, teclados vintage e sintes oitenteiros, que nos din a verdade desde unha mística recén descuberta que non é triste, é alegre, é escura pero é brillante e viva.

Soledad Vélez, artista, incipiente arquitecta, música, viaxeira, naceu en Chile pero axiña decidiu emprender outro rumbo -guitarra ao ombro- para buscar esa esencia que parecía que non atoparía precisamente na súa casa e a estrada levouna a instalarse, para a nosa fortuna, en España. Valiente, como as mulleres do noso tempo, como as nosas predecesoras, Vélez dá un xiro á súa carreira neste cuarto álbum e transforma a súa voz de blueswoman na narradora doutra vida interior, profunda pero festiva, porque nestas “Nuevas Épocas” se baila moito e ben.

Tele-Clube aprácese en traer a casa, nos nosos primeiros meses de vida, a unha artista soñada a un lugar senlleiro como a terraza do histórico Hotel Méndez Núñez lucense, onde miles de mulleres e homes teceron as súas historias, mirando á catedral a un lado, á muralla ao outro, entre cuxas paredes se teñen despedido, reencontrado, concebido, abortado misións imposibles e aventuras sen igual, de seguro que cunha canción especial de fondo, aínda que fose nas súas cabezas. Non se nos ocorre mellor homenaxe a todas estas vivencias que que a panteira negra, dunha gaduñada, nos esgace a alma durante hora e media na terraza do sexto piso, no solpor, co ceo vermello de fins de agosto adozando a cadencia dun verán que vai rematando e desexa un outono “bacán”, que diría a chilena.

Como é costume en calquera evento de Tele-Clube, apaixonada da cultura tamén gastronómica, a música virá acompañada de bebida e tapa. Así, pois, os asistentes ao concierto poderán refrescarse nesta tarde de verán, coas consumicións que servirá a cafetería do Hotel Méndez Núñez e deleitarse co Albariño, Denominación de Orixe “Rías Baixas”, cortesía da bodega Moraima, pequena cooperativa vitivinícola de Barro (Pontevedra) que se suma á oferta cultural lucense de Tele-Clube, coa súa aportación en forma de excelente viño branco.

As entradas anticipadas xa están dispoñibles a 10 euros en Ho! Gruf ou en Wegow.com reservándose un número reducido na porta a 12 euros, para os primeiros.
Evento
https://www.facebook.com/events/2126243430927267/
Discográfica
https://www.subterfuge.com/artistas/soledad-velez/
Promotor: Tele-clube
https://www.facebook.com/TeleClubeLugo/
https://www.instagram.com/teleclube/

EXPERIMENTA III


Espazo: Hotel Méndez Nuñez
http://www.hotelmendeznunez.com/
https://www.facebook.com/hotelmendeznunez/
Colabora: Adega Moraima
http://www.adegamoraima.com
https://www.facebook.com/AdegaMoraima/
https://www.instagram.com/adegamoraima/
Entradas: Wegow & Ho!Gruf
https://www.wegow.com/conciertos/soledad-velez-en-lugo
https://www.facebook.com/HoGruf/
https://www.instagram.com/hogruf/

AXENDA

Facebook

20:00 h.
Terraza Hotel Méndez Núñez, Lugo.
10 / 12 €