SOL DE FAROFA, fusiona a voz e a guitarra de Hector Lorenzo (Lobalú), xunto co violín de Quim Farinha (Berrogüetto), dando como resultado un proxecto de pequeno formato e estrictamente acústico, no que se misturan temas propios coa reinterpretación de algúns clásicos do Jazz ou a Bossa, así como outros temas instrumentáis provintes de culturas tan afastadas como a nórdica ou a portuguesa. Todo isto, aliñado gorentosamente con unha boa dose de música improvisada, que fai que cada concerto sexa tan diferente como imprevisíble.
Featured