nota:
Sokram: MC; Mou: coros; Santino: guitarra.
Sokram
É unha das voces de peso en Dios Ke Te Crew e unha das personalidades máis prolíficas e irreverentes do famoso colectivo hip hop. Neste 2015 editou o seu primeiro LP en solitario, titulado Chuvia Ácida, nunha coidada edición especial de tirada limitada. Un disco ecléctico, fresco e reflexivo, irónico e divertido, gravado e producido en Rapapoulo Estudios por MOU
–beatmaker e produtor de DKTC– que ademais o acompaña nos seus directos aos coros e nos mandos da variada maquinaria coa que compoñen o set xunto cun terceiro implicado: SANTINO.