Sleeping Cat

Decembro 10, 2013

nota:
O músico noiés Sleeping Cat (alter ego de Jerry Noia) presenta na Casa das Crechas o seu segundo EP, ‘In the forest’. Producido polo recoñecido Juan de Dios (produtor de Amaral, Xoel López ou Pereza), amósanos un novo son que coquetea co pop inglés, cancións cun corte máis eléctrico pero sen abandonar as raíces do folk americano que tanto o caracterizan.

No concerto estará acompañado de Pablo Pérez, Miguel Queixas, Manu Conde e Alfonso Calvo, nun novo proxecto no que Sleeping Cat soa fresco, optimista e máis enérxico que nunca. ‘In the forest’ saiu á venda o pasado mes de outubro.
Sleeping Cat sorprendeu a propios e estraños en 2010 co seu “The First EP”, un traballo case artesanal onde amosaba un pop visceral e básico con influencias do folc rock americano. E agora volve cun proxecto máis maduro, ambicioso e pulido que seguro que petará nos nosos ouvidos co seu son británico do pop máis puro.

Poden escoitar os seus discos aquí:
http://open.spotify.com/artist/00ZRBeM9nFKLl71O7RXPnw (Spotify)

Videoclip:

21:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €