Nota:
SISTERS IN THE HOUSE ( Venres 6 de Xulio. 22:30h. 9/11€
venta anticipada en Notikumi.com.
Sisters in the house nace no ano 2008 co fin de acercar a música soul a todo tipo de público, arriscando incluso con cancións populares galegas levadas hacia este estilo e dándolles unha visión moi personalizada, que non pasa desapercibida.
O repertorio vai dende temas de pop dos Beatles ou de Beyonce, pasando polo rock dos Rolling Stones ou o soul clásico de Ray Charles, Stevie Wonder ou Aretha Franklin, así como unha sección, xa mencionada antes, de cancións populares galegas como “A Rianxeira”, “Negra Sombra”, “O tren” etc.
O peculiar de este coro son dous ingredientes que fan del algo único e exclusivo, o primeiro é que está formado sólo por mulleres, grandes cantantes do panorama musical galego e de distintas disciplinas como o Jazz, Soul, Música tradicional, Rock, etc; e o segundo ingrediente son os arranxos personalizados, feitos por Carmen Rey en exclusiva para esta formación e que reúnen unha visión peculiar que caracteriza o son do coro.
No ano 2014 editaron o seu primeiro disco “Sisters in the House” no que se pode escoitar 10 cancións de todos estes estilos mencionados antes, e que tivo unha acollida moi boa por parte do público e dos medios.