nota:
SiSONS Enclave musical é un encontro profesional que terá lugar os días 18, 19, 20 e 21 de outubro de 2023, presentando diferentes actividades, tamén para o público, relacionadas coa cultura e a música de Galicia, e doutras latitudes, favorecendo encontros mediante charlas, showcases, ponencias, concertos e actividades paralelas.
ATURUXÓNS
Aturuxóns é un programa formativo adicado ás artistas que queiran profundizar no seu proceso creativo, a producción dos seus proxectos musicais así como para aprender técnicas e casos prácticos de promoción e expansión nas súas audiencias. Estas catro masterclasses gratuitas terán lugar os días 18 a 20 de outubro en Santiago de Compostela e serán complementarias ás xornadas profesionais SiSONS 2023. SiSONS Enclave Musical é o encontro profesional que inclúe charlas, showcases e networking, arredor da música en Galicia, coa participación de profesionais e artistas doutras latitudes. Unha ollada a situación do sector e ás espectativas de futuro. Consulta aquí o programa completo, do 18 a 21 de outubro 2023 e olla a continuación as mestras que intervirán en Aturuxóns:
Abraham Cupeiro
Contructor e multiinstrumentista que recupera instrumentos perdidos no tempo e utilízaos para crear novas sonoridades e imbricalos en músicas alleas a eles. Con formación clásica, sempre participou de grupos de outros xéneros. Ten colaborado con Vadzim Yukhnevich e a Orquesta Sinfónica de Galicia e grabados discos en Abbey Road e baixo o selo Warner Classics, entre outras grandes colaboracións.
https://abrahamcupeiro.com
de quen aprenderemos… novas maneiras de afrontar o proceso creativo e de documentación nos seus proxectos musicais, así como a encontrar novas formas de colaboración con outros xéneros e artistas.
Nani Noam Vazana
Unha das únicas artistas do mundo que escribe e compón novas cancións na lingua ladina, en perigo de extinción, captando o espírito da antiga lingua e cultura matriarcales e trasládao ao século XXI con letras socialmente pertinentes, que celebran a migración, o xénero e o empoderamento feminino. Tamén é profesora na London Performing Academy of Music e na Jerusalem Music Academy.
https://nanimusic.com/
de quen aprenderemos… a promocionar un proxecto musical por todas as canles dixitais, ademáis de aprender a xerar unha estratexia comunicativa que revirta en máis bolos e oportunidades de presentar os traballos das asistentes, ampliando a súa audiencia en menos tempo.
Juan de Dios Martín
Productor musical nomeado aos Grammy con experiencia tamén en publicidade, cinema e televisión. As súas últimas producións son Atlántico de Xoel López, Hacia lo salvaje de Amaral, Tommybarón de Barón Rojo e Live at the Roxy de Alejandra Guzmán. Forma parte do Comité Executivo da sección de Los Ángeles do Audio Engineering Society.
http://juandedios.es/jd/
de quen aprenderemos… cómo mellorar a producción do seu proxecto, non só cunha posta en común de tendencias e teorías senón, e sobre todo, cun exercicio práctico de grabacións musicais das asistentes. Así consolidarán o seu proxecto musical da man dun dos productores máis recoñecidos da zona.
Valentina Zanelli
Axente internacional e directora de Creativi Musicali, unha axencia de representación italiana, e manager de Lles Arts VS, organización de promoción de artistas baseada en Montreal, Canadá. Leva dez anos traballando con artistas asesorándoos a crecer a súa presenza no ámbito internacional así como asesorando para refinar a presentación e distinción dos traballos musicais.
https://www.linkedin.com/in/valezanelli
de quen aprenderemos… cómo desenvolver unha traxectoria musical internacional e cómo presentar o seu traballo creando unha “storytelling” que enganche. Ademáis das diferencias entre axente, manager e distribuidora, porqué poida que precisen destas profesionais e consellos sobre os contratos que asinarían con elas.
Actuacións e música en directo
Un novo formato chega da man de SiSons Enclave Musical. Unha reunión de profesionais do sector cultural e musical aberta ao público, charlas, ponencias, showcases, concertos e actividades paralelas.
Organizado por Musicarte e a Asociación Cultural Tres por Cuatro en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, A Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e outros patrocinadores