Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar 2019: Rocío Márquez + Y la Bamba + Faia + Mary Lattimore + Iko Cuyagua + Lady Lykez

Setembro 07, 2019

nota:
Estimadas amigas e amigos,
Mañá sábado 7 arrancamos a segunda edición Sinsal SON Estrella Galicia
Museo do Mar en Vigo a partir das 19h e con apertura de portas ás 18h.
Enviámosvos todo o programa do festival cos horarios definitivos e info
ampliada nos adxuntos. Aproveitamos para darvos as grazas polo voso
apoio e para convidarvos a que veñades a coñecer o festival. Tedes o
noso contacto de comunicación no pé do correo para o que precisedes.

Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar: escenarios salgados en Vigo os
días 7 e 8 de setembro
Todo o programa e horarios do festival

Escenarios diversos, no interior e no exterior. O Sinsal SON Estrella
Galicia Museo do Mar 2019 quere sorprender ao público nun espazo que, de
por si, xa é impresionante: o Museo do Mar de Galicia en Vigo. Os días 7
e 8 de setembro música e mar na segunda edición dun festival que se
reparte en 2 días, o primeiro de pago e o segundo de balde. O sábado 7,
entre as 19:00 e a 01:30 concertos de Rocío Márquez, Y La Bamba, FAIA,
Mary Lattimore, Iko Cuyagua, Lady Lykez e a proposta “Escenas para unha
viaxe submarina” ao redor do universo de Verne coa ESAD e o
Conservatorio Superior de Música de Vigo. A entrada do sábado ten un
prezo de 25 euros; os menores de 16 anos pagan 5 euros. O domingo 8,
unha programación de balde entre as 12:30 e as 16:00, cos concertos de
Deva e Mundo Prestigio asi como unha oferta de talleres e visitas ao
redor do mundo mariño. O público pode inscribirse nas actividades a
partir a través da web do festival: www.festival.sins.al e no propio
festival se hai prazas dispoñibles. As persoas que merquen entrada do
sábado 7 terán ademais acceso a unha prevenda especial para Sinsal na
Illa de San Simón (Redondela) en xullo de 2020.

SABADO 7 de setembro

Escenario Chef Maestro
21:00. Rocío Márquez
Escenario SON Estrella Galicia
19:00 Iko Cuyagua
22:15 FAIA
23:15 Y La Bamba
00:30 Lady Lykez
Escenario Lonxa
20:00 Mary Lattimore
21:30 “Escenas para unha viaxe submarina. Invitación ao mundo de Julio
Verne”. ESAD e Conservatorio Superior de Vigo

DOMINGO 8 de setembro
Escenario Viqueira
13:00 Mundo Prestigio
14:30 Deva
Actividades
12:30 e 14:00. Visitas ao Museo do Mar de Galicia, con acuario incluído
12:30 Laboratorio Experimental de Fotografía: Gallaecia algae
12:30 Laboratorio Artístico “Descubrindo o mar”. Realización dun mural
colectivo.
14:15 e 15:00. Laboratorio de sal

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
💥💥💥 NOVA CANCIÓN 💥💥💥🎶 ARROLO> dispoñible en todas as plataformasUn arrolo tradicional, recollido e adaptado por Moncho Díaz, con arranxos musicais de Xoán Fuertes.Nesta ocasión contamos coa colaboración do marabilloso músico @abrahamcupeiro quen consegue evocar de maneira admirable sons que nos levan ao pasado.Deseño da capa: @yasdeluaces. . . . . . . . . . . . . . .Este tema forma parta dunha serie de cancións que o grupo saca á luz en conmemoración do seu 50 aniversario e que acompañan á exposición “Fuxan os Ventos. 50 anos de historia” que, na súa itinerancia polo país, pódese gozar na Coruña ata o 2 de xuño, na sala municipal de exposicións Salvador de Madariaga.@coruna_gal@cultura.coruna.... .#fuxanosventos #arrolo #abrahamcupeiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook