Sinsal Son Estrella Galicia 2018 pon á venda as súas entradas.

Maio 28, 2018

Nota:
Sinsal Son Estrella Galicia 2018 pon á venda as súas entradas
O martes 29 de maio, a venda de abonos; o mércores 30 as entradas de día
para o evento que se celebra do 26 ao 29 de xullo en San Simón (Redondela)

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2018 celébrase do xoves 26 ao domingo 29 de xullo na Illa de San Simón (Redondela), dándolle continuidade ao chimpo de tres a catro días ensaiado na pasada edición.

O xoves 26, xornada inaugural con 3 concertos; o venres 27 de xullo a
xornada xa inclúe cinco concertos na illa en horario de tarde. E en 2018, o sábado 28 e o domingo 29 de xullo, as grandes xornadas nas que os concertos arrancan en San Simón antes de xantar, repítese cartel ao 90%. Si, serán 7 concertos -mínimo- secretos cada días e as dúas xornadas case “xemelgas”.

O martes 29 de maio ás 12:00 saen á venda os abonos para Sinsal SON
Estrella Galicia 2018 e o mércores 30 á mesma hora saen á venda as entradas para cada un dos catro días desta edición, do 26 ao 29 de xullo na Illa de San Simón (Redondela). Na plataforma www.ticketea.com. En 2018, haberá dúas modalidade de abono: venres e sábado / venres e domingo. Dous portos de saída, Vigo (Estación Marítima) e Meirande (Museo da Batalla de Rande, Redondela) e un cupo de abonos e entradas paramenores de 16 anos (incluídos) a prezo reducido.

O cartel do Festival Sinsal SON Estrella Galicia é secreto. O público nonsabe que grupos vai ver até que desembarca na Illa de San Simón (Redondela). O principal compromiso do festival foi, desde os seus inicios, programar artistas que inician a súa carrera musical ou que demostrasen unha grande conexión coa creación contemporánea. Así mesmo, na súa maioría, por primeira vez en Galicia. Algúns destes nomes, poucos anos despois, aterraron nos grandes festivais e salas de concertos de todo o mundo. A traxectoria da promotora Sinsalaudio, a singularidade do evento e o espazo natural no que se desenvolve confírenlle ao evento un
selo de calidade.

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
mañá sábado 20 en Redondela, concurso de maquetas de Asociación do Festival Millo VerdeEn colaboración con ArteLixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook