silvia quesada “la pena abierta”

Febreiro 24, 2014

Estreei o disco nunha tarde recollida e quedei gratamente atrapado. Como adoito non quedar coa primeira impresión, para ben ou para mal, a seguinte escoita procurei que non fose en circunstancias tan favorecedoras. Confirmeino, seguía rendéndome á calidez do debut de seu desta asturiana que pon a voz na última formación dos Tejedor, Antes da banda senlleira do folque asturiano, Silvia pasara por bandas coma Los Gatos del Fornu o Blima. Sempre máis próxima ao circuito folque.

“La pena abierta” é unha colección de 10 cancións de corte pop-folk que duran o necesario, deixando fóra calquera exceso que distraia o miolo da cuestión: unha estrutura ben construida e unha interpretación que acolle a quen se deixe aloumiñar por ela. Cancións coma “Antes d”empezar”, “21”, “Les palabres”, “Les coses qu”hai qu” aprender” ou a case-rancheira “De llonxe, gano” son pílulas de 3 minutos preparadas a base dunha voz doce, unha melodía clara, instrumentión austera ou precisa (con algunhas achegas puntuais e valiosas entre as que non faltan Javi e José Tejedor) e uns textos que falan de sentimentos universais: resignación, esperanza, decepción, melancolía …

Aquí rendémonos á humildade e a sinxeleza ben entendidas, sen pretensións desmedidas por impresionar. O protagonismo recae nun labor feito con agarimo e cocido a lume lento arredor da interpretación da vocalista. Servidor necesita de vez en cando o refuxio de discos coma este, así que descubrilos e compartilos resulta un pracer.

Edita Algamar Producciones, S.L. coa produción de Sergio Rodríguez e Alfredo González, autor de varias das canciones xunto con Javier Vallina.

Pepe Cunha, 24-febreiro-2014

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook