nota:
Unha voz luminosa, cálida, delicada e versátil que combina a improvisación do jazz, a forza e o ritmo do flamenco, os melismas do fado e a proximidade da canción de taberna. Isto é Silvia Pérez Cruz, a gran rebelación do pasado 2012, gañadora dun Goya á mellor canción pola súa saeta na película Blancanieves e que co seu primeiro disco en solitario, 11 de novembre, conseguiu que suspiren ao unísono crítica e público exquisito.
Silvia Pérez Cruz chegará ao Museo Centro Gaiás acompañada de Javier Colina, un dos mellores e máis celebrados contrabaixistas actuais, para presentar En la imaginación, traballo no que revisan clásicos da música cubana seleccionados e arranxados polo músico navarro. Ao feliz encontro de ambos os dous talentos súmanse Albert Sanz ao piano e Marc Miralta á batería.
Cancións con profundas raíces populares iluminadas cos ricos matices dunha voz única como a de Silvia Pérez Cruz crearán unha atmosfera única no Museo Centro Gaiás. Cunha sintonía excepcional entre a clásica formación de trío jazzístico e unha poderosa e cálida voz, cancións como Debí llorar, Que dirías de mí o Mi mejor canción amósanse como verdadeiros e definitivos estándares de jazz latino, que logran emocionar pola súa sinceridade e maxistral interpretación.
Silvia Pérez Cruz | voz
Javier Colina | trío
Javier Colina | contrabaixo
Marc Miralta | batería
Albert Sanz | piano