silvia penide “todo pìntado de plata”

Febreiro 29, 2016

Dicir personal cando se trata de canción de autor soa case a tópico, pero é que a voz e os versos da Penide semellan feitos para quen se deixen levar e entren no seu mundo. Agás excepcións, non son as súas cancións desas que soan familiares ou atrapen por un retrouso inmediato. Sen facer ruído, afianzada na calma e en aprehender o detalle, a de Meicende ten acadado un lugar de seu, sen présas por agradar, pero que máis tarde ou máis cedo acaban por ser recoñecidas. Parécenme ben acaídos uns versos neste disco: “Como si te reconociese / o me resultases muy familiar, / como si te escuchase en algún eco / o llevase tiempo oyendo hablar de ti.”

Á súa discografía de tres álbumes entre 2002 e 2007 co desaparecido selo Falcatruada (“Kilometros”, “Invisible” e “Desafinante crónica”) e dous xa ao marxe de calquera atisbo de convencionalismo do mercado (o miniLP “Las erres dobles” en 2010 e “Animal de compañía” no 2014), segue a mimar cada novo traballo e este non ía ser menos. Cun labor de pre-produción cun colega como Félix Arias e o traballo en 2 estudios (The Magical Mystery Room de Celso Madriñán e os Abrigueiro de Arturo Vaquero), a Penide ofrece unha canción de tres-catro minutos adicada a cada planeta e apóiase nunha maior presenza de sonoridades electrónicas.

Porén, malia as instrumentacións novas non hai risco de que deixe de soar a Silvia Penide e talvez esas atmosferas sonoras contribrúan a facer deste o seu traballo máis sólido. Así o apreciarán non só @s micromecenas que confiaron e apoiaron este disco e os concertos, senón quen lle fagamos un oco no noso reprodutor e un espazo de intimidade. Coa excepcións dos retrousos de “¿Qué había dentro?” ou “Que ya no protege”,”Todo pintado de plata” é un disco que, para ben e para mal, adolece de cancións desas redondas que non necesitan do apoio do conxunto enteiro para convencer. Pero aí entra a receptividade cara un traballo con ar conceptual e a complicidade cunha artista con selo propio, que non é pouco,

En canto á parte visual, un envase físico moi ben acaído para a áspera dozura das cancións da de Meicende: Almayer – Diseño Creativo asina un traballo que tamén ten apariencia sinxela á par que intensa.

Pepe Cunha, 29-febreiro-2016

Facebook

4 hours ago

Ábrete de orellas
En galego, con independencia e citando fontes e referencias. Estas serían as premisas que sigo desde que me puxen ao outro lado dun micro. Non falo (ben) dalgo porque me paguen ou acrediten nin publico para monetizar. Non vivo disto. Dígoo pq xa mo preguntaron.Fdo: O director orelludo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook