Silvia Penide “Mientras dura el aplauso”

Outubro 17, 2023

“Siempre guitarra, papel y boli como artefactos de pequeña revolución. Esa revolución del AMOR y de las pequeñas cosas”.

Pouco a pouco, coa bandeira das pequenas cousas importantes, cantando historias sentidas e fermosas, sen procurar posíbeis atallos cara a un recoñecemento maior … así chegou a cancionista de Meicende aos 20 anos de traxectoria. E cumpría celebralo cun traballo ben especial que titula con toda unha sentencia: “Mientras dura el aplauso”. “A ti, que me escuchas y me compartes; que me escribes o te acercas tras un concierto; que no dejas que se apague el aplauso. A ti, porque seguiré caminando mientras dure justamente eso: tu aplauso”.

Esta reafirmación vén tamén apoiada polo recoñecemento das compañeiras da profesión que a acompañan nun traballo híbrido entre revisión e recompilación: oito das súas mellores cancións interpretadas a dúo, a inédita “El colchón y el diván” e, por se houbese pouca emoción aquí contida, “Diferentes Diferenzas” cos coros de membros da asociación de enfermedades raras e epilepsia West Galicia e do alumnado do CEIP Novo Mesoiro da Coruña. Os duetos con amizades e referentes coma Ugia Pedreira, Eladio Santos, Félix Arias, Javier Álvarez e Víctor Manuel xa estaban dispoñíbeis en edicións físicas e o de Andrés Suárez subiuse á Internet no pasado 2022. Mais para a ocasión outras dúas artistas recoñecidas como Guadi Galego e Mercedes Ferrer accederon a sumar as súas voces ás notábeis “El salto” e “Reventaba”, a peza máis antiga (2007) deste álbum.

Tanto cando se achegan á electrónica como cando se refuxian no máis acústico, cada unha destas canción en dueto ten o seu encanto e elegancia. Loxicamente, as novidades son o atractivo maior para quen xa coñecemos o repertorio da Penide, mais todo suma para facer importante unha edición fermosa en continente e contido. En tempos dixitais, sigamos a recibir como merecen os traballos presentados dun xeito exquisito; neste caso en vinilo branco e que “brilla más de lo normal”, á altura dunha cantautora sempre independente, cunha voz de seu, característica, diferenciadora, e que garda o que perdura: cancións a reivindicar e interpretadas con credibilidade e convicción.

Pepe Cunha 17-outubro-2023

https://silviapenide.bandcamp.com/

repertorio

CARA A

“Sobre el mismo alambre”, con Eladio Santos

“Reventaba”, con Mercedes Ferrer

“El efecto boomerang”, con Víctor Manuel

“Outro día que chega”, con Ugía Pedreira

“Compañía (más de lo normal)”, con Félix Arias

CARA B

“El salto”, con Guadi Galego

“Descredo”, con Javier Álvarez

“El colchón y el diván” (tema inédito)

“Una pared tembló”, con Andrés Suárez

“Diferentes diferenzas”, con West Galicia

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook