SILVIA PENIDE COMEZARÁ A XIRA XX ANIVERSARIO O 11 DE FEBREIRO EN MADRID

Novembro 30, 2022
nota: 
O stand da Economía Social de Galicia no Culturgal acolleou o pasado venres 25 a presentación da Xira XX Aniversario da carreira de Silvia Penide que conta con dous Premios Martín Codax da Música galega.
En conversa co seu representante, Tomi Legido, explicaron os diversos lanzamentos discográficos que acompañarán a esta nova xira que a levará a moitos lugares de España e, por suposto, de Galicia.
Penide e Tomi Legido.jpeg
En xaneiro lánzase un pendrive de madeira que contén os oito discos editados por Silvia, así como maquetas e algunha sorpresa. Haberá unha edición exlusiva de 20 unidades numeradas a man nunha caixa que leva incluida a letra dunha canción inédita ainda, pero que verá a luz no segundo lanzamento previsto, un disco de vinilo que sairá na primavera. Este primeiro vinilo da carreira da artista de Meicende centrarase nas colaboracións con grandes artistas que xa ten realizado a algunha nova, como é o caso de Guadi Galego que sumará a sua voz á canción “El Salto”, tema polo que ten debilidade a artista de Cedeira. Outros dos artistas serán Víctor Manuel, Javier Álvarez, Andrés Suárez, Ugía Pedreira, Eladio Santos… E algunha sorpresa máis que ainda non se pode desvelar.
chipen-a3-limitada-v_page-0001.jpg
A xira comezará o sábado 11 de febreiro na sala madrileña “El Rincón del Arte Nuevo”, coas entradas xa á venda en Entradium.com
Neste mes de decembro Silvia lanzará o CD coas cancións do espectáculo Diferentes Diferenzas, inspirado no libro do mesmo nome e que foi recentemente nominado ao premio a Mellor Libro Infantil na XIX Edición dos premios Frei Martín Sarmiento

Facebook

2 days ago

Ábrete de orellas
ZËNZAR "rock en galego", rock e amizades na xira "30 anos bourando". Onte sábado montouse algo precioso ( Xurxo Souto dixit) na Sala Mardi Gras ... See MoreSee Less
Ver en Facebook