Silvia Penide

Marzo 05, 2013

Silvia Penide continúa coa presentación do seu novo disco “Animal de compañía”, o quinto xa na sua traxectoria musical. Un disco que se vende nestas primeiras tiradas de pequenas obras de arte únicas (polaroids, fragmentos de retratos de Silvia…). Os seus concertos son actos colectivos nos que ela comparte as súas experiencias mediante cancións pop. Mentres escoitas as súas letras podes imaxinar, sorrir, pensar ou simplemente deixarte levar. Na súa presentación compostelá estará arroupada por Serxio Moreira ao teclado.

“Animal de compañía” vén de esgotar a súa primeira edición e xa ten á venda a segunda con fotografías inéditas de Begoña Pastoriza que recollen momentos de camerinos, ensaios, concertos, etc.

Silvia Penide é unha autora e intérprete de cancións moi directas que conectan co público e que comezan a ver a luz no seu primeiro LP “Kilómetros” (2002) e seguen a madurar en “Invisible” (2005), “Desafinante Crónica” (2007) ou “Las Erres Dobles” (2010). Máis información en:

Facebook

22:30 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €