Sidonie

Abril 13, 2013

nota:
Unha das bandas de referencia do rock nacional presenta o seu último disco, “El Fluido García”, o sexto da súa carreira e un dos máis persoais, que rompe co que levaba feito Sidonie nos seus dous traballos anteriores. Como eles mesmos aseguran, traen un son “máis testosterónico e contundente que nunca”, que reivindica a psicodelia británica dos anos sesenta. Despois de xirar por salas, ofrecen un formato acústico por teatros que nos descobren unha faceta diferente de Sidonie. Prezos das entradas: 15 € anticipada e 18 € o mismo día do concerto na billeteira do Teatro.