Sidonie completan un peche de luxo para o Baixo a Vide, 12-xullo-2014

Xullo 21, 2014

Hai tempo que vivimos momentos de especial inventiva na produción de concertos. Arredor da actuación dunha ou varias bandas, as produtoras tanto de festivais coma de ciclos apostan por ofreceren algo máis. Pode ir desde a escolla dunha contorna especial, por monumental ou paisaxística, até a promoción de viños galegos. No caso do ciclo Baixo a Vide: Concertos con Denominación de Orixe, cada cita ten unha cata de viños previa ao concerto en bar, pub ou sala, pero na data final foi a música quen viaxou até as Adegas Regina Viarium. E alí no Concello de Sober quixemos estar, cun concerto acústico de Sidonie como prato pincipal tras o éxito da edición anterior con Xoel López.

O tempo era cómplice vital para que unhas actividades a ceo aberto locesen como se esperaba e en ningún momento fallou. As instalacións das adegas, cunha espectacuñar panorámica da ribeira do Sil, esperábannos cunha sesión vermú amenizada polo dúo Belvés e un xantar popular de polbo e churrasco. A partir de aí, unha tarde coa recomendable travesía en barco (amenizada a ritmo de rockabilly por Lou Reyes e Héctor) e outras posibilidades que ofrece esta zona fermosa do país.

O atraso no comezo de Sidonie podía parecer consecuencia desa especie de relaxo ou ausencia de présas no ritmo do turista, pero debeuse a un pinchazo na furgoneta da formación barcelonesa. Non importou, pois se estaba realmente ben, cun ambiente tan relaxado como nas horas previas e completado agora cun público que pintaba máis a concerto de pop-rock. Á nosa chegada chamáranos a atención o predominio de xente “moi ben” ou “pudiente”. Serían VIPs.

Como xa teñen amosado mil e unha veces, os Sidonie son desas bandas que, gustos e querencias aparte, sempre cumpren ao vivo e conectan co público. Máis aínda en distancias tan curtas como só uns metros. As cancións do seu disco recente tamén funcionan no formato reducido malia prescindir dos compoñentes electrónicos, polo menos “Sierra y Canadá”, “Un día de mierda”, “Estáis aquí” ou “El mismo destello”. Alternándoe con estas ao longo dalgo máis dunha hora, os éxitos (“Fascinado”, “Por ti”, “Costa Azul”, “En mi garganta”, El incendio”, “El bosque”… ), unha versión de “Video Killed the Radio Star” e un sorprendente final: “All I Have to Do is Dream” dos Everly Brothers. A lúa chea en toda a súaplentiude brillaba tras eles nun ceo despexado. Podíase agradar algo máis para que a concurrrencia estivese contenta ? Pois tras o concerto (e unha soporífera hora doutro picadiscos), unha pinchada de Nano Vinilo para entreter o público máis festeiro ou resistente.

Unha xornada desas completas para gardar na memoria por público, organización e artistas.

Pepe Cunha, 21-xullo-2014

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook