Shemekia Copeland

Xullo 19, 2013

Xa desde moi nova, Shemekia Copeland foi alguén con quen houbo que contar no mundo do blues. Naceu en Harlem, Nova York, en 1979. O seu pai, o último lendario guitarrista de blues de Texas, Johnny Clyde Copeland, recoñeceu rapidamente o talento que atesouraba a súa filla, así que sempre a animaba a cantar, primeiro na casa e un pouco máis adiante no escenario do Cotton Club, un dos máis famosos locais de Harlem, onde actuou con só oito anos de idade. E con só 19 anos, en 1998, Shemekia Copeland iniciou a súa carreira discográfica co album “Turn the Heat Up!”.

Recentemente cumpridos os trinta anos, e xa editados varios discos, foi teloneira dos Rolling Stones, cabeza de cartel no “Chicago Blues Festival” e figura principal en moitos outros certames por todo o mundo. Compartiu escenario con estrelas do calibre de Buddy Guy, B.B. King, Mick Jagger ou Eric Clapton, e ata actuou na Casa Branca para o Presidente Obama. Pódese dicir que é herdeira da rica tradición musical asentada polas grandes divas do soul e o blues como foron Ruth Brown, Etta James e Koko Taylor. Precisamente a filla desta última, Cookie, presentou a Shemekia Copeland como a lexítima herdeira da súa nai no “Chicago Blues Festival” do ano 2011, onde foi aclamada como a nova “Raíña do Blues”.

A súa paixón polo canto, marcada pola súa tremenda voz, aporta á súa música un poder intemporal, definida como un latexo que xorde desde o profundo da súa alma, e desde os sons das rúas nas que creceu, os dos músicos de rúa, os cantantes de góspel, as radios musicais ou as bandas locais tocando nos parques.

A súa última gravación titúlase “33 1/3”, un disco publicado en setembro do ano pasado, que foi candidato aos premios Grammy e que, de seguro, presentará no seu concerto en Pontevedra.

www.shemekiacopeland.com

Facebook

7 hours ago

Ábrete de orellas
De VACAS , a canción de Titanic e 20 anos do Prestige. 😂👌👏👏👏 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook