Seso Durán: Son da memoria

Febreiro 24, 2019

nota:
Son da memoria é un disco que xira arredor do que aconteceu a partir do golpe de estado de 1936, especialmente nas comarcas de Pontevedra, O Morrazo e Vigo.

A Guerra civil vén sendo un tema tratado artísticamente desde o seu mesmo acontecer. As vítimas, os verdugos, os lugares, todo está neste disco. Un cable eléctrico conecta pasado e presente: o golpe, a dictadura, a Transición, os fondeados nas rías polos falanxistas, os afogados na actual crise dos refuxiados no Mediterráneo. A memoria e a loita pola supervivencia, a brutalidade, a insolencia, a compaixón e a dignidade que as confrontan, forman parte da paisaxe sonora, visual e emocional de todo o proxecto.

Son da memoria é un disco escrito e producido por Seso Durán (Xosé Manuel Durán), profesor de música, historiador, compositor, video creador e produtor, que desde os 90 (como integrante do grupo folk Liorna, entre outros) publica a súa obra, centrada nos últimos anos en contido relacionado coa didáctica musical. Comprometido coa innovación, é invitado regularmente a compartir os seus proxectos e experiencias nos foros educativos máis destacados (Culturgal, Universidade de Santiago, Universidade Autónoma de Madrid, etc), tendo acadado numerosos recoñecementos a nivel galego e estatal.

AXENDA

Facebook

3 hours ago

Ábrete de orellas
Que a terra che sexa leve, Sapoconcho.En 2017 aceptou canda Frank Astro a miña invitación humilde para faceren o seu concerto especial na Fundaçom Artábria nunha celebración de Ábrete de orellas.Obrigado e boa viaxe, Felix Manuel Sapo Cons Briz. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
20:30 h.
Bar Aturuxo, Bueu.